Bases reguladoras de axudas coronavirus covid 19

As graves consecuencias sanitarias, sociais e económicas xeradas pola crise sanitaria ocasionada polo brote de coronavirus COVID-19, require que se adopten medidas extraordinarias para axudar a mitigar o seu impacto.

O artigo 4 do Real Decreto Lexislativo 3/2015, de 23 de outubro polo que se aproba o texto refundido da Lei de Emprego establece que a política de emprego no seu deseño e modelo de xestión, deberá ter en conta a súa dimensión local para axustala ás necesidades do territorio, de xeito que favoreza e apoie as iniciativas de xeración de emprego no ámbito local.

O papel dos Concellos, na crise económica e de emprego que se vai a derivar da crise sanitaria, é fundamental xa que dispoñen de coñecemento directo das realidades locais, que lles permite adoptar os recursos ás mesmas.

1.- Obxecto da presente convocatoria.

O obxecto da presente convocatoria é paliar e actuar de xeito inmediato, ante as consecuencias económicas derivadas da crise sanitaria provocada polo COVID-19, para impulsar a actividade económica no termo municipal de Mañón.

As axudas están dirixidas ós seguintes colectivos:

A) Persoas autónomas de Mañón afectadas directamente como consecuencia da suspensión da apertura ó público establecida no R.D. 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

B) Mariscadores/as do Concello de Mañón pola grave diminución e en algúns casos ausencia da súa actividade económica.

A finalidade das axudas é contribuír a facilitar o cumprimento das súas obrigas, axudar ó mantemento da actividade económica e así acadar a debida protección do emprego para que unha vez finalizada a alarma sanitaria se produza unha reactivación da economía do municipio protexendo, deste xeito, o interese xeral dos veciños de Mañón.

2.- Normativa aplicable

A presente convocatoria rexerase, con carácter xeral, polo disposto na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS) e o seu Regulamento de desenvolvemento aprobado polo Real Decreto 887/2006, de 21 de xuño, na Lei 9/2007, de 13 de xuño de subvención de Galicia e, supletoriamente, na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administración Públicas e en calquera outra disposición normativa que pola súa natureza puidese resultar de aplicación.

A xestión destas subvencións suxeitase ós principios de publicidade, concorrencia, transparencia, obxectividade, igualdade e non discriminación, así como, á eficacia no cumprimento de obxectivos e eficiencia na asignación e utilización do recursos públicos.

3.- Crédito orzamentario.

A contía destinada a atender as solicitudes destas subvención ascende a un importe de 46.800,00 euros con cargo á aplicación orzamentaria 925.48900.

4.- Contía das axudas.

En base ó artigo 30.7 da Lei Xeral de Subvencións:

- Concederase unha contía fixa de 900,00 euros para persoas físicas autónomas de calquera tipo que teñan unha actividade afectada polo peche de establecementos disposto no RD 463/2020, de 14 de marzo. No suposto de que nun mesmo establecemento houbera máis dun traballador autónomo empregado presentarase unha única solicitude por establecemento.

- Concederase unha contía fixa de 900,00 euros para os/as mariscadores/as do Concello de Mañón coa fin de paliar as perdas producidas na súa actividade.

Esta axuda será compatible con calquera outra concedida por entidades públicas ou privadas, sempre que o importe total das axudas percibidas polo mesmo concepto non supere o custo total dos gastos subvencionables polas presentes axudas.

Fuente BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA